Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O CD Lugo subscribe un acordo de acción social e deportiva en Colombia

Por 2 Novembro, 2023Sin comentarios

O estadio Anxo Carro acolleu a firma do convenio entre o CD Lugo e a Corporación Putumayo Somos Todos, un acordo de acción social e deportiva, que sitúa de novo á entidade albivermella en primeira liña de colaboración con proxectos de impulso xeral en Colombia.

Xunto ao pesidente dpo club, Tino Saqués, estaba presente Alexander López, coordinador da Corporación, e Mario Reig, presidente de Sca Fútbol, entidade de unión e traballo loxístico para a cristalización do acordo. Unha acción sen precedentes, coa que o CD Lugo impulsa un novo proxecto solidario:

Corporación Putumayo Somos Todos é unha entidade con recoñecemento nacional e internacional, que vén traballando con mozos deportistas, en vistas ao seu crecemento dentro do mundo do fútbol a través de diferentes programas dirixidos por profesionais do sector. E a través deste convenio varios grupos de xogadores chegaron, dentro deste programa de colaboración entre o CD Lugo e a entidade, para realizar unha estadía que mesturará práctica deportiva, con actividades diferentes.

Trátase dunha programa apadriñado por Pacho Maturana, lenda do mundo do fútbol, un dos máis grandes deportistas da historia de Colombia, e figura internacionalmente coñecida polo seu bo facer como xogador e adestrador.

“O obxectivo desta colaboración non é outro que seguir tendendo pontes entre ambos os países, co fútbol como nexo, e co CD Lugo como referencia en España. Un camiño xa iniciado coa creación e crecemento do noso filial, o CD Lugo 13”, dixo Tino Saqués.

“Para o CD Lugo, participar desta iniciativa supón un orgullo inmenso. Tratar de axudar a mozos deportistas no seu desenvolvemento sempre foi unha das nosas preocupacións recorrentes”, engadiu.

“Cremos que a unión estratéxica con este proxecto pode abrir a porta a novos acordos e ferramentas de crecemento para aqueles que máis o necesitan”.