Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Adrián Ben e Águeda Marqués gañaron o Cross Ponte Romana

Por 6 Novembro, 2023Sin comentarios

O Cross Ponte Romana converteu Lugo en referencia do atletismo estatal este domingo. A vitoria de Adrián Ben na proba absoluta ou o pleno de Escola Atlética Lucense no podio de sub18 feminina, con Xela Martínez, Enma Méndez e Sandra González foron algúns dos fitos deportivos da carreira, que convocou un milleiro de atletas de distintas categorías.

A vitoria polo tanto, na categoría masculina foi para Adrián Ben e na feminina para a súa parella sentimental, Águeda Marqués. Víctor Ruíz entró por detrás do viveirense e Jesús Gómez Santiago en terceiro lugar. Na feminina, por detrás da segoviana entrou María Forero e Laura Santos Domínguez.

Na categoría sub 18 feminina a luguesa Xela Martínez entrou segunda por detrás de Emma Méndez. Na masculina impúxose teo d Frutos, seguido de Iker Fernández Codesido e Ricardo Negrete.

Efrén Castro felicitou á organización, a cargo de Champions Chip Norte e Atlética Lucense, por sacar adiante este evento en condicións especialmente esixentes pola climatoloxía e remarcou “esta edición resultou un reflexo con presenza de referentes do pasado, o presente e o futuro do atletismo lucense, coa homenaxe a Alessandra Aguilar e a participación na proba de Adrián Ben ou Xela Martínez”. Neste sentido destacou que “as nenas e nenos que practican atletismo teñen a sorte de ter moi preto grandes referentes a quen seguir”

Homenaxe a Alessandra Aguilar

O Cross Ponte Romana rendeu homenaxe nesta edición á fondista Alessandra Aguilar, sinalada pola organización como a mellor atleta lucense de todos os tempos”. En 2013, logrou o quinto posto no maratón dos mundiais de atletismo de Moscú, o maior fito nunha carreira repleta de records e campionato de España en varias distancias, destacando no maratón.

Antes da entrega de premios do Cross proxectouse un vídeo resumo da súa carreira, e recibiu o aplauso de todas as persoas congregadas na contorna do Pazo de Feira para seguir a proba.

Consulta todos os resultados neste enlace.