Skip to main content
Antas de Ulla

Antas de Ulla aprobou a conta xeral do exercicio 2022 e o plan de infraestruturas para o Parque Central

Por 4 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Antas de Ulla aprobou en Pleno a conta xeral correspondente ao exercicio 2022 e o plan de infraestruturas para o ‘Parque Central-Centro Xeográfico de Galicia”, nunha sesión marcada pola ausencia dos concelleiros do PP.

Unha decisión dobremente irresponsable porque, por un lado, incumpren coa súa obriga como edís de asistir ós plenos, e por outro, rexeitan avalar a súa propia xestión á fronte do Goberno municipal e desenténdense dun proxecto estratéxico, que suporá un impulso moi importante para Antas.

O grupo de goberno aprobou a conta xeral “por responsabilidade”, asegura a alcaldesa, Pilar García Porto, “e non entendemos a ausencia do PP, cando a orde do día incluía este punto, que corresponde coa súa xestión”.

Na Comisión Especial de Contas, celebrada con anterioridade ao Pleno, os membros do Grupo Popular votaron afirmativamente á Conta Xeral.

Con todo, ao non acudir ao pleno os membros do PP, o goberno local votou a favor para poder remitir a conta xeral ao Tribunal de Contas e cumprir coa legalidade. “O noso voto a favor non significa prestar conformidade á xestión e aos trámites administrativos realizados durante o 2022, fixémolo por responsabilidade e seguridade xurídica”, engade a alcaldesa.

Con respecto á aprobación provisional do plan de infraestruturas para o ‘Parque Central-Centro Xeográfico de Galicia, García Porto explica que “é o último documento que temos que enviar á Xunta antes de comezar co proxecto, para o que contamos co apoio da Deputación de Lugo”.