Skip to main content
Antas de Ulla

A ullá Julia Medela participa no Campionato do Mundo IDO Caribbean Dances

Por 7 Novembro, 2023Sin comentarios

Julia Medela, de 9 anos e veciña de Antas de Ulla, participa hoxe no Campionato do Mundo IDO Caribbean Dances. Julia chega a esta proba despois de ser campioa galega e de España na modalidade de Bachata Shine individual femenino en categoría Xuvenil.

Pódese seguir a súa actuación online no seguinte enlace. A actuación de Julia é o día 2 do campionato ás 13:47 horas: Bachata Solos Children Female.