Skip to main content
Castroverde

Castroverde celebra o magosto popular o próximo sábado

Por 5 Novembro, 2023Sin comentarios

O vindeiro sábado día 11 o Concello de Castroverde organiza un magosto que dará comezo ás 20.00 na praza do Concello.

Haberá degustación gratuíta de castañas asadas, empanada, lacón bebidas e doces. 

Para amenizar a noite, contarán coa actuación O conxuro dos catro elementos, do grupo musical Zuncurrundullo.