Skip to main content
Castroverde

Organizan unha ruta polo val do río Tordea en Castroverde

Por 2 Novembro, 2023Novembro 9th, 2023Sin comentarios

As asociacións Pasada das Cabras e Amigos do Patrimonio de Castroverde organizar a segunda parte da ruta polo val do río Tordea.

Esta terá lugar este domingo día 5 de novembro con saída ás 9.45 horas desde a praza do Concello. Os participantes trasladaranse en autocar ou coches particulares ata Uriz, desde onde iniciarán o paseo cara a Cellán de Mosteiro, O Vilar, Cellán de Calvos, Preiramá (San Xulián) ata Castroverde. Trátase dun percorrido aproximado de dez quilómetros.

Rematarán a ruta cun xantar, ás 14.00 horas na feira, onde cada un se fará cargo da súa comida.