Skip to main content
Castroverde

Trinta familias de Castroverde participan no programa de compostaxe doméstica

Por 6 Novembro, 2023Sin comentarios

Coincidindo coa feira no concello de Castroverde, tivo lugar no Mercado Gandeiro, unha charla formativa con posterior entrega dos composteiros de uso doméstico para aquelas persoas apuntadas no programa de compostaxe.

Un total de 30 familias recolleron o seu nun evento que forma parte da campaña e compostaxe doméstica impulsada polo Concello e que continuará a principios deste mes nos fogares de aquelas persoas inscritas no programa.

As persoas que desexen unirse a esta iniciativa poden aínda solicitalo cubrindo este formulario. As prazas son limitadas. Para aquelas persoas que non estean habituadas ao uso da tecnoloxía, o Concello pon tamén formularios físicos na casa do Concello.

A veciñanza ten á súa disposición o número 690 145 190 para informarse ou para resolver calquera dúbida.

O único requisito para formar parte deste programa é ser veciño da localidade e ter un pequeno xardín ou terreo, así como estar motivado co proxecto de compostaxe doméstica.