Skip to main content
Castroverde

Pablo Figueiras foi nomeado presidente do Partido Popular de Castroverde

Por 4 Novembro, 2023Sin comentarios

Pablo Figueiras vén de ser proclamado presidente do Partido Popular de Castroverde logo de contar co apoio unánime dos afiliados e do respaldo da dirección provincial. Deste xeito, o voceiro da agrupación local asume “con ilusión” a responsabilidade de dirixir o partido neste municipio que nos últimos procesos electorais acadou unha suba importante na porcentaxe de voto.

Nas pasadas eleccións municipais, o PP que lidera Figueiras subiu de 1 a 4 concelleiros, fronte a un PSOE que baixou 3 edís e un BNG que só sacou 1. En termos porcentuais os resultados foron os seguintes: PP: 31,52% (553 votos), PSOE: 53,59% (940 votos), e BNG: 13,85% (233 votos).

Nos comicios de xullo, o Partido Popular superou en case 20 puntos ao PSOE, acadando o 50,06% dos votos (826), fronte ao 34% do Partido Socialista (561) e ao 8,36% (138). Sumar e Vox obtiveron, respectivamente, o 3,39 e o 3,21%.

Figueiras agradeceu “o apoio dos compañeiros e tamén da dirección lucense”, pois sen eles, engadiu, “este proceso non se tería desenvolvido con tanta naturalidade”. Tal é así que o novo presidente trasladou “o compromiso total e absoluto”, para, dixo, “seguir traballando, manter os resultados obtidos e ofrecer un proxecto político que nos permita ser alternativa a un goberno desgastado e que xa non convence aos veciños”.

DIRECTIVA

No congreso local celebrado esta mañá, e que estivo presidido pola máxima dirixente dos populares lucenses, e o secretario xeral, Javier Nodal, deuse conta dos resto de integrantes que, xunto a Pablo Figueiras, constitúen a nova directiva. Son os seguintes: José Manuel Rey Vázquez (secretario xeral) e vogais: Óscar Pérez Cascudo, Ricardo Antonio Díaz Fernández, Jesús Fernández Besteiro e Domingo Pereira Domínguez.