Skip to main content
Castroverde

O PP esixe á Deputación melloras das estras da súa titularidade en Castroverde

Por 7 Novembro, 2023Sin comentarios

O Grupo Popular esixe ao goberno da Deputación a mellora do mantemento das estradas de titularidade provincial ao seu paso por Castroverde, “como o piden moitos veciños”, subliña o portavoz, Antonio Ameijide, despois de realizar unha visita ao municipio acompañado polo portavoz, Pablo Figueiras, e concelleiros populares en Castroverde na que comprobaron o estado da rede viaria provincial.

Os populares inciden na necesidade de actuar de forma urxente para colocar unha valla quitamedos na marxe da LU-P-1205, unha vía moi transitada, como medida preventiva para evitar as saídas de vía, especialmente no seu punto inicial no cruzamento coa LU-530 onde se teñen rexistrado “varios accidentes que supuxeron a caída dos vehículos por un pequeno desnivel”. Igualmente, subliñan a existencia de fochancas dun tamaño considerable que dificultan o paso de vehículos pola LU-P-1208 e polo que piden unha intervención urxente para reparar o pavimento.

Ameijide sinala que “para que as vías provinciais estean en bo estado teñen que pasar por Monforte ou Concellos gobernados polos seus amiguetes do PSOE”. Pero incide en que “non todos os gobernados polo PSOE son tratados igual e, á vista do estado das estradas da Deputación en Castroverde, podemos entender hai outros alcaldes que son máis amiguetes de Tomé”.

Os populares defenden a “igualdade para tódolos Concellos goberne o PSOE, o PP ou os gobernados polo PSOE, pero que non son especialmente amigos do presidente Tomé”. De feito, subliña que “Castroverde merece unha rede viaria provincial en condicións de seguridade e que dea servizos aos veciños e veciñas que empregan estas estradas a diario”.