Skip to main content
Castroverde

Castroverde acolle este sábado o magosto organizado polo SLG

Por 16 Novembro, 2023Novembro 21st, 2023Sin comentarios

O Sindicato Labrego Galego celebra este sábado, 18 de novembro, o seu Magosto Labrego en Castroverde. Este ano será unha xornada moi especial, xa que a organización festexa o seu 50 aniversario.

A sesión terá lugar a partir das 19:00 horas, no centro social A chave das noces, en Montecubeiro, Castroverde. Comezará a sesión, ás 19:30 horas falando do Pasado, presente e futuro polos 50 anos do SLG-CCLL. Ás 21:00 horas será o magosto labrego e rematarán ás 22:00 horas coa actuación de Cé orquestra pantasma.