Skip to main content
Castroverde

O PP de Castroverde solicita un plan de mantemento de estradas

Por 27 Novembro, 2023Sin comentarios

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Castroverde defenderán no pleno da próxima semana que o concello elabore un plan de mantemento de estradas municipais “xa que é urxente realizar un esforzo no mantemento e mellora do firme ademais de contar cun plan de rozas adaptado ás necesidades de cada pista e lugar”.

O voceiro popular en Castroverde, Pablo Figueiras, considera “fundamental” que as estradas e camiños de titularidade municipal estean “en bo estado” para garantir a seguridade de todos os usuarios.

Pablo Figueiras afirma que “hai inquietude e moita preocupación” ante a desidia do goberno municipal en canto ao mantemento das estradas municipais. O certo é que as pistas presentan moitas carencias, o firme está moi desgastado e a vexetación invade o firme, diminuíndo o ancho da vía, “polo que tamén é necesario aumentar os traballos de roza e desbroce”.

Dende o PP de Castroverde explican que son moitos os veciños do municipio que se puxeron en contacto cos concelleiros populares para trasladar a súa preocupación e malestar ante a falta de iniciativa por parte do alcalde para solucionar estes problemas.