Skip to main content
O Corgo

O Palco do Corgo acolle unha conferencia da historiadora Iria-Friné Rivera

Por 2 Novembro, 2023Sin comentarios

Este ano 2023 conmemórase o centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos, unha institución cultural de referencia, que naceu á marxe das instancias oficiais para fomentar o amor pola terra sobre a base do seu mellor coñecemento.

O Concello do Corgo, a través do Proxecto Corgoral, celebra esta efeméride con unha conferencia da historiadora da arte e investigadora Iria-Friné Rivera Vázquez, titulada O ollo atento. O espírito internacional do Seminario de Estudos Galegos.

A palestra, de acceso libre e de balde ata completar o aforo, irá seguida dun faladoiro e animado debate co público asistente. Este acto terá lugar este venres 3 de novembro a partir das 19:00 horas na biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo, Palco.