Skip to main content
O Corgo

Ánxela Gracián ofrece este venres no Corgo un recital de poesía

Por 8 Novembro, 2023Sin comentarios

A autora de Castroverde Ánxela Gracián estará este venres no Corgo para un recital de poesía organizado polo colectivo Corgoral.

Gracián lerá poemas dun dos seus libros máis emblemáticos da súa infancia, Paisaxes de pan, un canto á tradición oral.

A sesión terá lugar este venres 10 de novembro, ás 19.00 horas no Punto de Atención Á Lectura do Corgo (Palco).

Ánxela Gracián é escritora de literatura infantil e tradutora, con numerosas traducións para o galego. Foi gañadora da VIIª edición do Premio Plácido Castro (2008) pola súa tradución de A illa misteriosa de Jules Verne. Entre os seus títulos de literatura infantil destaca Cos petos cheos de cinza (1988), As bolboretas douradas (1999), Eu tamén fun peliqueiro de Laza (2000), Chis chisgarabís (2004), A toupiña cegarata (2005), Nun lugar chamado labirinto (2005, Lista The White Ravens 2006), Pinga de choiva (Xerais 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013).