Skip to main content
O Corgo

Chega a Adai a obra de teatro ‘A Autopista’

Por 9 Novembro, 2023Sin comentarios

Os amantes da arte escénica teñen unha cita en Adai, no Corgo. O Concello acollerá a función A Autopista da man da agrupación Argalleiras Teatro.

A función será o sábado 11 ás 20.00 horas na antiga Escola de Adai. A iniciativa forma parte do Circuíto de teatro afeccionado 2023.

Guada e Trini son dúas irmás que reciben en herdanza a casa na que veraneaban de nenas. É unha casa que adora só que agora pasa unha autopista a 5 metros da porta. Para Guada a casa é máis importante que o ruído pero para Trini é mellor o silencio. Guada decide polo tanto quedarse coa casa e aluga unha das habitacións pero Trini contrata a unha compañía para asustar aos inquilinos.