Skip to main content
O Corgo

Represéntase este sábado no Corgo a comedia ‘Cita Previa’

Por 10 Novembro, 2023Sin comentarios

O grupo de teatro Rebuldeira, de Sarria, ofrecerá este sábado, 11 de novembro, a representación da súa obra Cita Previa.

Será ás 19.00 horas no centro sociocultural do Corgo.

Trátase dunha comida para todos os públicos con entrada de balde que se engloba dentro do ciclo de Teatro Afeccionado da Deputación Provincial.

Esta obra trata sobre situacións que poden suceder nun centro de saúde. De xeito anecdótico e cómico represéntase o devir cotiá ao que se enfrontan os pacientes, o persoal sanitario e os administrativos por mor dos recortes sanitarios, así como a vida social das salas de espera, dende discusións familiares, novas amizades e algún que outro desatino.