Skip to main content
O Corgo

Teatro este sábado na parroquia de Cela, no Corgo

Por 17 Novembro, 2023Sin comentarios

O colectivo teatral Pico do Castro representará As mentiras teñen os pés pequenos este sábado 18 de novembro, ás  21:00 horas no local social de Cela, O Corgo.

Trátase dunha comedia para todos os públicos de Juan José Villarino Calvelo e dirixida por Juan José Villarino.

Despois de entrar por erro nunha habitación que non é a súa, Bieito atópase sen querer en posesión dun obxecto bastante comprometido: unha bota de muller. E non dunha muller calquera… A bota pertence nada menos que á dona do belicoso coronel León! Agora Bieito terá que agudizar o enxeño para pasarlle a outro incauto a responsabilidade do asunto, quedando así libre de sospeita e de varios balazos no corpo.

A obra englóbase dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.