Skip to main content
A FonsagradaNegueira de Muñiz

Ruta da Fonsagrada a Negueira de Muñiz

Por 20 Novembro, 2023Sin comentarios

Esta ruta de 30 quilómetros e dificultade media permítenos viaxar entre estas dúas localidades da montaña lucense e desfrutar da paisaxe da zona

Realizando esta ruta que percorre o camiño entre as localidades da Fonsagrada e Negueira de Muñíz podemos atopar unha paisaxe natural que vai alternando as montas co val do Navia. Daremos comezo na Fonsagrada onde unha vez visitada a vila colleremos camiño en dirección Asturias ata chegar a aldea de Paradanova actual punto de referencia no descanso dos peregrinos.

Continuaremos o camiño cara Fonfría onde poderemos ver o antigo hospital e ademais dende esta localidade pódese visualizar a Terra de Oscos ao lonxe, un espazo enmarcado dentro da Reserva da Biosfera, de gran interese natural.

Dende esta aldea tamén poderemos apreciar parte do municipio da Fonsagrada, o de maior superficie galego cun total de 400 quilómetros cadrados e que se atopa a 949 metros sobre o nivel do mar. Unha das capitais municipais a maior altitude de Galicia como consecuencia da búsquea do sol nunha zona que posúe uns invernos moi duros.

Saíndo de Fonfría colleremos o desvío cara Liñares de Bidul onde a paisaxe comeza a variar a atopámonos con árbores e matorrais que nos cambios de estación producen unha vista mo colorida. A seguinte parada do noso camiño será Vilar de Cuíña onde xa comezaremos a apreciar as primeiras vistas do Val do Navia. A Fornaza e Arexo serán as seguintes localidades e durante este percorrido seguiremos o curso do río dende o alto ata chegar a aldea de Arexo.

Neste punto merece unha especial mención o miradoiro de Arexo, situado na ribeira do río Navia conta cunha caída de máis de 200 metros cara o río. Desde este miradoiro poderemos observar tanto o val da Navia, cunha gran perspectiva visual, como varios altos da zona asturiana como a serra de Cuías e a de Busto sendo este forte contraste unha das principais características da vista. Dende Arexo podemos observar gran parte dos valores como paraíso natural que posúa esta comarca como a ZEC Negueira ou a Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón.

Dende aquí continuaremos baixando cara o río Navia onde atoparemos diferentes miradoiros que nos permitirán seguir desfrutando das vistas que esta paisaxe ofrece ata chegar a Negueira de Muñíz. Este municipio conta cun total de 215 habitantes distribuídos en seis parroquias Barcela, Marentes, Ouviaño, Rio do Porto, San Pedro de Ernes, e Negueira.

Na pequena aldea de Negueira de Muñíz ademais dun precioso entorno natural, que xa vimos desfrutando ao longo de todo o percorrido, poderemos visitar o gran patrimonio natural que atesoura. Neste punto onde finaliza o percorrido desta ruta non nos podemos perder a igrexa de San Salvador, un templo datado entre finais do século XV e comezos do século XVI que presenta unha nave en forma de cruz latina. No seu interior podemos atopar dúas capelas laterais e a capela maior cuberta cunha bóveda de aresta.

Ademais do patrimonio eclesiástico da zona Negueira de Muñíz conta con gran variedade de mostras da arquitectura popular como as bodegas, os cabaceiros de tipo asturiano, as vivendas con grandes muros de pedra e tellados de lousa ou os lavadoiros que merece a pena visitar.