Skip to main content
A FonsagradaAxenda Caducada

O Concello da Fonsagrada organiza o XIV Certame de Postais do Nadal

Por 5 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada organiza o XIV Certame de Postais do Nadal no que participarán os alumnos do CEIP Plurilingüe Fontem Albei.

Cada autor poderá presentar tantos traballos como desexe dentro da temática O Nadal e o Concello de A Fonsagrada e o debuxo de cada postal será orixinal e terá unha dimensión máxima de media folla tamaño A4.

O prazo de presentación remata o 24 de novembro e os traballos serán entregados na Biblioteca Municipal da Fonsagrada (Casa da Cultura)

A postal gañadora será a encargada de felicitar as festas de Nadal por parte do Concello.