Skip to main content
Lugo

“A nosa prioridade é a accesibilidade de todas as persoas con discapacidade”

Por 5 Novembro, 2023Novembro 6th, 2023Sin comentarios

A asociación Auxilia Lugo está dirixida a todas aquelas persoas que teñan algún tipo de discapacidade física e ás súas familias. Falamos con Nuria Neira, a súa delegada.

Como nace a asociación Auxilia Lugo?

Auxilia Lugo nace no ano 1972 da man do padre Mato, aí da comezo a labor de auxilia para dar visibilidade ás persoas con discapacidade. Nos primeiros momentos e coa colaboración de voluntarios recorrían as casas e ofrecían axuda as persoas con algún tipo de discapacidade como traballo de escolarización, axuda a accesibilidade e en todo o que necesitaban ademais de dar visibilidade a este colectivo.

Cal é a finalidade da asociación e cales son os seus obxectivos principais?

A nosa prioridade é a accesibilidade, porque sen accesibilidade non se pode ter acceso a cultura, non se pode desfrutar do ocio, acudir aos postos de traballo ou ir a un edificio público a realizar algunha xestión. A accesibilidade para poder desfrutar como calquera outra persoa de ocio, cultura, estudos ou traballo, esa é a nosa prioridade, que todo o mundo teña acceso a todo.

Tamén traballamos con mulleres e rural porque sabemos que neste ámbito é un pouco máis complicado poder acceder ao transporte.

Cales son os principais problemas de accesibilidade que ten Lugo na actualidade?

Lugo gañou moito en accesibilidade en todos estes anos de traballo de Auxilia e agora mesmo estamos loitando por un problema co edificio de sendicatos. Unha cidadá púxose en contacto con nós para informar que durante as eleccións, a súa mesa electoral estaba situada neste edificio, non puido acceder dado que o montacargas atopábase en desuso e tivo que votar na rúa.

A raíz disto nós pómonos en contacto co Ministerio de Oficialia Maior para poder saldar esta problemática antes das eleccións xerais e porque todos os edificios públicos deben ser accesibles para os usuarios. Este problema está aínda sen solucionar e continuamos traballando para que o resolvan a menor brevidade posible porque supón un grave problema de discriminación.

Tamén seguimos traballando en ver os diferentes puntos da cidade que aínda se poden mellorar a nivel de accesibilidade, é verdade que se mellorou moito en Lugo, pero aínda queda traballo.

Como é ese proceso de resolver problemas de accesibilidade dentro da cidade?

Alguén ponse en contacto con nós para facernos chegar algún problema de accesibilidade e nós acercámonos a avalialo e poñémonos en contacto coa administración necesaria. Ademais participamos do gabinete de accesibilidade que se realiza cada tres meses onde nos reunimos coa concelleira e persoal de urbanismo para por en común estes problemas e así teñan constancia e se traballen neles. Desde aquí saen moitos proxectos e é unha maneira que ten a administración de coñecer a problemática da man das persoas afectadas.

En canto ao rural, cales son os principais problemas?

No rural as principais carencias que nos chegan son relacionadas co transporte, a miúdo as persoas con discapacidade que queren acceder a Lugo ou a outros lugares atópanse con dificultades, cada vez hai menos transporte e o que hai non está adaptado.

Nós realizamos unha campaña Eu quero ir para visibilizar esta problemática acudindo a estación de autobuses e a maioría das veces atopábamos que para que unha persoa con discapacidade puidera viaxar era necesario avisar con antelación. Isto é moi inxusto porque en calquera momento todos podemos necesitar realizar unha viaxe de forma imprevista.

Cantos socios teñen na actualidade?

Actualmente Auxilia conta con cen socios. Para calquer xestión, dúbida ou queixa que se precise realizar non fai falta ser socio da entidade e simplemente acercándose a nós intentamos axudar en todo o posible.

Como se pode colaborar coa asociación?

O que máis demandamos son voluntarios, todos os meses realizamos unha actividade e para as que son fóra como equinoterapia, buceo adaptado ou pesca son moi importantes os voluntarios xa que sin a súa axuda non poderiamos acceder e chegar a moitos sitios.

Cales son as próximas actividades?

O mes pasado realizamos a nosa tradicional comida e o mes que ven estamos preparando unhas xornadas enfocadas aos monumentos que nos son accesibles. En decembro estamos traballando para realizar o Divesiarte, o mercadillo solidario, e xa estamos preparando as diferentes cousas que despois estarán a venda.

Ademais todos os luns facemos terapia de estimulación cognitiva cun grupo de socios levado a cabo pola nosa psicóloga. Se alguén quere acudir a algunha das nosas actividades non esiximos que sexan socios, os nosos socios non pagan cota, polo tanto si unha persoa con algunha discapacidade quere acudir non se lle pon problema sempre que haxa oco.