Skip to main content
Lugo

O PP pide ao Concello e á CHMS que se reconstrúa a ponte que une Pedreda e Rubiás

Por 5 Novembro, 2023Novembro 6th, 2023Sin comentarios

A concelleira popular luguesa, Flor Rubinos, levará ao pleno de novembro unha iniciativa instando ao Concello e á Confederación Hidrografica a levar a cabo os investimentos necesarios para unir de novo as parroquias de Rubiás e Pedreda.

Así, o PP pide a reconstrucción da ponte que une Pedreda e Rubiás e que “o PSOE prometeu restaurar hai 12 anos”, explica, sostendo que “esta ponte era unha servidume entre ambas parroquias e, ao caer este pasom a veciñanza vese obrigada a dar un rodeo de case catro quilómetros”.

Os populares lembran que había un compromiso do anterior alcalde socialista, Xosé López Orozco, de arranxar esta ponte pero, co cambio da corporación e a chegada da alcaldesa, “gardaron nun caixón o proxecto”, critica.

Así, din que o derrubamento desta ponte “provoca problemas de seguridade viaria, xa que a maquinaria agrícola que antes circulaba por este paso, ten que dar un rodeo e utilizar a estrada de Meira (N640), que non ten vías de servizo e, por outra parte, tamén supón un risco para ciclistas que utilizan esta ruta xa que, ao non estar indicado o corte da ponte, poden acabar no río.”, explican.

Por último, din que o malestar dos veciños “quedou en evidencia na concentración que protagonizaron esta semana, xa que ao estar cortado o paso teñen dificultades para limpar as fincas, sacar a madeira…”.

Por todo isto, dende o Grupo Popular anuncian que levarán a pleno a reparación desta infraestrutura: “Instaremos a Concello e Confederación Hidrográfica Miño Sil a que invistan o que sexa necesario para recuperar esta comunicación entre as dúas parroquias”.