Skip to main content
Lugo

O Concello habilita un autobús escolar para os dous colexios afectados polas obras

Por 10 Novembro, 2023Sin comentarios

Ademais dun autobús, que será utilizado de forma regular por 49 alumnos e alumnas, a Alcaldía proporciona dous acompañantes encargados de garantir a seguridade dos escolares.

O Executivo de Lara Méndez habilita unha liña de bus escolar para os colexios Quiroga Ballesteros e A Milagrosa mentres duren os traballos de peonalización na contorna da praza do Ferrol e Quiroga Ballesteros. “O obxectivo desta iniciativa é axilizar o acceso do alumnado aos centros escolares e facilitar o traslado para as súas familias na medida que así o soliciten mentres duren os traballos de transformación que estamos a acometer no centro histórico”, afirmou a alcaldesa, quen destacou a continúa colaboración coa comunidade escolar para acadar a máxima eficiencia do novo servizo.

O Goberno local ofreceu este recurso á dirección dos centros no mes de setembro, co inicio do curso, e desde entón se traballou conxuntamente en coñecer a demanda real para definir os horarios e as paradas en funcións das necesidades familiares. A liña comezará a funcionar de forma regular o próximo luns. Deste xeito, o itinerario do servizo contará cun total de catro paradas que foron consensuadas coa dirección de ámbolos dous centros e definidas atendendo criterios de proximidade segundo a residencia dos escolares. O horario de chegada a destino queda establecido para ás 08.55 horas, mentres que o de retorno a casa, está fixado par as 14.05 horas.

A primeira parada será na praza Conde Fontao, nas inmediacións da estación ferroviaria, a segunda situase na avenida Infanta Elena, na contorna do parque da Milagrosa, a altura da Casa do Deporte. O terceiro punto de captación estará na avenida da Coruña, fronte ao número 136, nun espazo central desta vía. Finalmente, o punto de destino e inicio da viaxe de volta estará situado na confluencia desta última rúa coa Rolda da Muralla, nas inmediacións da porta de San Fernando. Desde este punto o alumnado accedera aos centros camiñando, sendo guiados en todo momento os diferentes grupos polos dous acompañantes.

O PP reclama o autobús “prometido” aos alumnos do colexio Milagrosa durante as obras