Skip to main content
Lugo

Educación pide á Xunta maior planificación das obras nos colexios de Lugo

Por 17 Novembro, 2023Sin comentarios

A Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento do Concello de Lugo reclamará á Xunta de Galiza unha mellor planificación das obras a executar nos colexios públicos da cidade. A Concellería trasladará á Xunta as incidencias do colexio Paradai, onde a Xunta vén de investir máis de 900.000 euros na rehabilitación integral do centro mais deixáronse sen arranxar as goteiras do pavillón, un problema notificado pola dirección do centro desde hai anos.

Desde a área de Educación reclámase ao goberno galego que actúe en serio para mellorar o confort do estudantado e profesorado do centro, mellorando tamén as condicións xerais da instalación, garantindo a boa usabilidade de todas as dependencias do colexio, incluíndo o pavillón, que debido ás goteiras e á acumulación de auga no interior pode sufrir restricións de uso nas xornadas de choiva.

O Concello de Lugo realiza cada ano un importante esforzo económico e administrativo para atender ás responsabilidades de Educación que a Xunta deixa de lado, unha competencia que é propia da Xunta.