Skip to main content
Lugo

O PP pedirá información na comisión de Medio Rural sobre diferentes afectacións nas parroquias de Lugo

Por 18 Novembro, 2023Sin comentarios

O Partido Popular de Lugo pedirá información na comisión de Medio Rural da vindeira semana sobre varias cuestións que afectán ás parroquias do municipio, así como os problemas de presión de auga que afectan a sete rúas do barrio das Gándaras.

Así, o PP pregunta cando se van renovar os colectores de lixo na zona rural, “xa que practicamente a totalidade das parroquias seguen tendo os vellos recipientes de sempre”. Din que no verán do ano 2022 anunciouse a renovación das unidades e a incorporación de novos dispositivos, “pero unha vez máis a veciñanza das parroquias de Lugo se queda á cola desta mellora e seguimos comprobando como nos núcleos seguen repetíndose imaxes de colectores desbordados, ou moi deteriorados.

Por outra banda, os populares tamén se suman á petición da veciñanza de Cima de Vila e Soñar, que precisan, para despregar a fibra óptica, en ambos núcleos a colocación de tendido de postes. Así, no rogo, o PP solicita que se proceda a dotar a ambas parroquias do tendido necesario para garantir o servizo en todos e cada un dos domicilios das mesmas.

A concelleira Flora Rubinos reflexiona sobre a necesidade de garantir servizos como este que “considera vitais” para que a xente queira vivir nas parroquias pedindo unha “discriminación positiva cara á zona rural”.

Por último, tamén solicitan que se dea unha solución aos problemas de presión de auga que teñen os veciños de As Gándaras, onde entre as 9.00 e as 20.00 horas apenas teñen auga para facer as tarefas cotiás. Por isto, reclaman que na maior brevidade posible arranxen esta situación.