Skip to main content
Lugo

Abre esta tarde o PAC nas novas instalacións da Residencia

Por 22 Novembro, 2023Sin comentarios

Esta tarde comeza a funcionar o PAC no novo centro da Residencia, segundo comunicaron os responsables do sistema sanitario, para atender todas as urxencias extrahospitalarias.

O servizo non suporá máis que un cambio de situación e instalacións, xa que manterá o seu horario habitual de 15.00 horas a 8.00 horas de luns a venres. As fins de semana comezará o servizo ás 15.00 horas do sábado para prestarse de forma ininterrompida ata as 8.00 horas do luns.

Os sábados pola mañá, o PAC funcionará de novo no centro de saúde de Fingoi, que co cambio de hoxe recupera a súa fórmula orixinal de centro de saúde convencional.

O novo PAC forma parte do CIS, o complexo dotacional, que abrirá paulatinamente os seus servizos nas próximas semanas. Este en particular terá o seu acceso pola fachada traseira do edificio que antes era o Materno, pola rúa Serra de Outes. O próximo en abrir podería ser o centro de saúde, durante o mes de decembro, que tamén será o encargado de abrir o servizo de PAC os sábados pola mañá.