Skip to main content
Lugo

Abre unha mostra de esculturas con madeira no edificio da Xunta

Por 23 Novembro, 2023Sin comentarios

A sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle a exposición De todas madeiras, do artista ourensán Xosé Manuel Moxom, que poderá visitarse ata o día 8 de decembro; está aberta ao público de luns a venres entre as 9.00 e as 19.00 horas, e os sábados pola mañá, ata as 14.00 horas.

A mostra está composta por 27 tallas de madeira natural policromada, moitas das cales representan figuras femininas. Moxom é un artista polifacético, que se iniciou como debuxante, e conta con numerosas exposicións individuais e colectivas na súa traxectoria. No ano 2020 expuxo na Casa de Galicia en Madrid a colección Mis raíces.