Skip to main content
Lugo

Lugo inaugura no Vello Cárcere a XIV Bienal do Eixo Atlántico

Por 24 Novembro, 2023Novembro 25th, 2023Sin comentarios

A exposición, con 25 obras de artistas de Galicia e do Norte de Portugal, poderase visitar no Vello Cárcere ata o 30 de decembro. A partir de 2024, a Bienal de Pintura percorrerá, até outubro, diferentes cidades do Eixo Atlántico.

A XIV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico inaugurouse no Vello Cárcere de Lugo, onde se poderá visitar ata o 30 de decembro. Ao acto asistiron Mauricio Repetto Morban, tenente de alcaldesa de Dinamización Económica de Lugo, Sagrario Sánchez Ramil, Xefa Territorial de Cultura, Educación , Formación Profesional e Universidades, João Ribeiro da Silva, Xefe da Divisão de Promoção e Dinamização Cultural da Direção Regional de Cultura do Norte e Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico.

Durante a inauguración fíxose entrega dos premios. O primeiro foi para O corpo da paisagem, de Ricardo de Campos e o segundo para Dactilografia de um sonho, de Margarida Gomes

O premio Novos Talentos foi para Nem Uma Passa?, de Gonçalo Ribeiro

Os galardóns, nesta edición, ascenden a 4.000 euros para a mellor obra do certame, 2.000 euros para o segundo premio e 1.500 para o Premio Novos Talentos Luso-galaicos, para mozos artistas con idades comprendidas entre os 16 e os 25 anos.

A exposición conta con obras dunha ampla variedade estética e técnica. Das 104 obras presentadas, 25 foron seleccionadas polo xurado formado por Helena Mendes Pereira, que o presidiu, e tamén Sara Pérez Bello, designada pola Xunta de Galicia, João Ribeiro da Silva, designado pola Direção Regional de Cultura do Norte, Patrícia Oliveira, designada polo Instituto Português do Desporto e da Juventude e Tito Senna, gañador da XIII Bienal, secretariado por Marta Ferreira do Eixo Atlántico.

A partir do mes de xaneiro de 2024, a exposición percorrerá, até outubro, as cidades de Braga, Bragança, Maia, Ribeira, Felgueiras, Vila Real, Vila Nova de Gaia, Barcelos e Monforte de Lemos.