Skip to main content
Lugo

Méndez intervén de mediadora no conflito do sector da limpeza

Por 28 Novembro, 2023Sin comentarios

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reuniuse na xornada de onte tanto coas traballadoras como coa empresa adxudicataria do servizo da limpeza para mediar co obxectivo de chegar a un acordo que pona fin á folga.

Méndez reuniuse en primeiro lugar cos representantes da empresa aos que instou a negociar e propoñer melloras ao sector pola súa “precarización”. Mostrou polo tanto o seu apoio ás revindicacións do persoal e instou á empresa a poñer enriba da mesa propostas para mellorar as súas condicións laborais. Ademais, a alcaldesa fixo chegar a súa preocupación polo estado dalgúns centros, como os colexios, “con persoas vulnerables”.

Por outra banda, tamén esixiu que se cumpran os servizos mínimos e que estes concilien co dereito á folga para evitar “as condicións de insalubridade”.

A alcaldesa reuniuse tamén coas traballadoras, ás que expuxo a conversa anterior e a súa preocupación pola situación. Tamén instou á Xunta a intervir para obrigar á patronal a negociar.