Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo propón o uso de bonos desconto para incentivar a compra no comercio local

Por 28 Novembro, 2023Sin comentarios

O PP propón bonos de descontos para incentivar as compras no comercio de proximidade. A concelleira popular Cristina Sanz defenderá unha iniciativa no pleno do xoves para apoiar ao comercio local cun programa de acción permanente que pivota sobre catro eixos e que servirá “para dinamizar o sector e fomentar o emprego local”.

No plan de apoio ao comercio local os populares propoñen establecer un programa de bonos para consumir nos comercios de sempre de Lugo; en segundo lugar instan a poñer en marcha de axudas destinadas ao relevo xeracional.

Os populares tamén queren que se ofrezan compensacións económicas ou bonificacións fiscais aos establecementos prexudicados polas obras que se están desenvolvendo no casco histórico e que acumulan retrasos o que causa prexuízos económicos importantes pola perda de clientela.

Por último reclaman a reactivación e impulso da mesa de comercio local como canle de intercambio continuo de información e propostas para o sector xa que na actualidade esta canle de intercambio de información e propostas está infrautilizada.

Cristina Sanz anima ao goberno local a apoiar esta iniciativa e lembra que se aproxima unha das campañas comerciais máis importantes, como o Nadal e as rebaixas de xaneiro, polo que “todas as administracións e partidos políticos temos a responsabilidade de unir esforzos para apoiar ao sector e establecer medidas que lle permita sobrevivir”.