Skip to main content
Lugo

O PP propón realizar en Fitur un desfile das tropas do Arde Lucus

Por 28 Novembro, 2023Sin comentarios

O PP apoia impulsar en FITUR un desfile das tropas romanas e castrexas do Arde Lucus. O concelleiro popular Agustín Gallego considera que “este ano é o axeitado para que as 19 asociacións de recreación histórica sexan as protagonistas na Feira de turismo máis internacional”.

“Defendemos que este ano se promova esta acción xa que coincide no tempo con dous recoñecementos ao traballo e esforzo infatigable das asociacións ligadas a este evento como son: a declaración da Festa de Interese Turístico Internacional, e a Medalla de Ouro da cidade”, engade.

Agustín Gallego afirma que “o grupo popular fai esta petición con tempo suficiente para que o goberno local planifique e teña marxe para organizar este evento e mobilizar ás persoas que se precisan para participar nun desfile de romanos e castrexos no interior de Ifema, en Madrid”.

No PP pensamos que “é importante que os visitantes de Fitur coñezan de primeira man aos protagonistas do Arde Lucus” xa que son o mellor escaparate dun destino perfecto para vivir o legado cultural e histórico que temos en Lugo.