Skip to main content
Lugo

A Sociedade Micolóxica Lucus entregou o seu Cogomelo de Ouro

Por 29 Novembro, 2023Sin comentarios

A Sociedade Micolóxica Lucus entregou o seu premio Cogomelo Lucus 2023, no transcurso dun acto de confraternidade dos seus socios consistente nunha degustación de cogomelos.

Recibiron o Cogomelo Lucus 2023 José Ramón Pato Vicente ex aequo con Jorge Santoro de Membiela, “como activos membros no desenvolvemento de históricas asociacións micolóxicas galegas, polo seu compromiso na difusión e avance do coñecemento micolóxico, organizando durante anos o Encontro de microscopía micolóxica de Xares, evento que permitiu gozar dos coñecementos de expertos de talle mundial en microscopía e polo agarimo, colaboración e disposición que sempre mostran coa SMLucus”.

Ao acto asistiron, ademais de numerosos socios, diversas autoridades que nas súas intervencións loaron a traxectoria e o traballo da Sociedade Micolóxica Lucus. Non faltaron á cita a alcaldesa de Lugo Lara Méndez, o deputado de Medio Ambiente Carlos López, a xefa da Área Provincial de Turismo da Xunta de Galicia, os concelleiros de Medio Ambiente, Miguel Fernández, de Cultura, Maite Ferreiro, de Participación Cidadá, Cristina López, así como a vicepresidenta do Parlamento Galego, Elena Candia.

Todos desfrutaron dun emotivo acto, acompañado dunhas extraordinarias elaboracións gastronómicas a base de cogomelos por parte do Restaurante España, que colabora coa SMLucus neste evento dende hai moitos anos.