Skip to main content
Lugo

Microefectos Dramatúrxicos regresa á escea este xoves con novas obras

Por 29 Novembro, 2023Sin comentarios

Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo este xoves, venres e sábado en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse, coma sempre, catro pezas novas. Poderanse mercar entradas a través da plataforma dixital Woutick, tamén haberá entradas dispoñíbeis na billeteira en cada un dos pases.

O grupo, que cumpriu dez anos a comezos de maio, pon en escea pezas teatrais duns quince minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.

As pezas son:

  • Tocororo Baby. Escriben e dirixen: Isa Herrero e Anxo Manoel. Interpretan: Elvira Velasco, Isa Herrero e Anxo Manoel.
  • Reunión de Pnais. Escribe e dirixe: Elvira Velasco. Interpretan: María Grandío, Anxo Manoel, Brian Rodríguez e Elvira Velasco.
  • A cultura de cotián. Escribe e dirixe: Brais García. Interpretan: María Grandío, Raquel López Cendán e Brian Rodríguez.
  • Deportivas. Escribe e dirixe: Anxo Manoel. Interpretan: Isa Herrero, Brais García, Raquel López Cendán e Anxo Manoel.