Skip to main content
FozLugoViveiro

UNED Lugo lanza a súa canle de información a través de whatsapp

Por 30 Novembro, 2023Sin comentarios

A UNED de Lugo presenta unha nova forma de conectar directamente coa comunidade universitaria a través da canle de WhatsApp do Centro Asociado á UNED en Lugo.

Esta aplicación de mensaxería permitirá aos usuarios consultar as novas universitarias de maneira inmediata dende os seus teléfonos móbiles para estar puntualmente informado do día a día do centro universitario.

A directora da UNED de Lugo, Ana Belén Traseira valora moi positivamente o potencial de comunicación a través desta rede pola esixencia dos usuarios de contar cunha información inmediata que posibilita acercar a todos os cidadáns contidos de alta calidade cultural.

O xestor de administración da institución universitaria lucense, Carlos García valorou o feito de que a UNED como entidade concibida para acercar a formación e a cultura a todos os recunchos do noso territorio está moi atenta aos cambos sociais no uso da comunicación como demostra este novo anuncio.

Unirse á canle da UNED de Lugo en WhatsApp é moi doado. Pódese facer pinchando neste enlace.

Ao sumarse á nova canle universitaria, recibirás un resumen das actividades e novidades máis relevantes. Haberá material gráfico e audiovisual que poderás visualizar garantíndose a cantidade razoable de envíos e o anonimato dos usuarios.