Skip to main content
Palas de Rei

A oficina de Correos de Palas de Rei permanecerá pechada durante un par de semanas

Por 9 Novembro, 2023Sin comentarios

A oficina de Correos de Palas de Rei permanecerá pechada, durante un par de semanas, polas obras de mantemento ás que está sendo sometida derivadas dos danos ocasionados polo temporal de días pasados.

Calquera trámite ou xestión a realizar poderán facelo cos propios funcionarios de correos ou nas oficinas de correos dos pobos limítrofes.

A oficina de Correos situada na avenida de Ourense de Palas de Rei, foi transformada nunha oficina dixitalizada no 2021. A informatización, supón un incremento dos servizos disponibles para os veciños que se equiparan aos prestados nas oficinas postais das cidades. Ademais, a oficina estrea nova ubicación na mesma rúa, nun local municipal máis cómodo para a atención ao público.