Skip to main content
Portomarín

Portomarín acolle o luns un curso de manipulación de alimentos

Por 11 Novembro, 2023Sin comentarios

A Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo, Afammer Lugo, ofrecerá un curso para obter o diploma de capacitación para manipulación de alimentos.

Este terá lugar o luns 13 de novembro, en Riotorto, no Pazo do Xeral Paredes, na praza do Camiño.

A inscrición é gratuíta. Para reservar praza ou consultar dúbidas, pódese facer no teléfono 654 394 780.

O curso terá lugar entre as 17.00 e as 20.00 horas e englóbase dentro do Plan Corresponsables Afammer Lugo.