Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca TERRACHÁXA

O Black Friday chega a Adamo con paquetes de fibra óptica máis móbil

Por 4 Novembro, 2023Sin comentarios

A promoción de Adamo para o Black Friday de 2023 xa está aquí: paquetes de fibra óptica+móbil a 10 euros ao mes durante 7 meses (ata o verán). Trátase dunha oferta dificilmente igualable no conxunto do mercado de telecomunicacións e que inclúe, como é habitual no servizo da compañía, fibra óptica ultrarrápida, de ata 1.000 Mb.

Ata o 77% de recorte sobre o prezo ordinario

Para facerse unha idea do significativo que resulta este desconto, basta con contextualizalo: o prezo mensual de 41 euros que custa Internet de 1.000 Mb para casa+móbil con 20 GB sae agora por 10 euros… e así durante 7 meses. Deste xeito, dependendo do paquete que o cliente contrate, a rebaixa sitúase entre o 68 e o 77% en relación ás tarifas habituais de Adamo.

Ata 329 euros de aforro no Black Friday de Adamo

Se se suman os 7 meses que dura a promoción, o aforro total queda entre 217 e 329 euros. En función da modalidade do pack, das combinacións con fixo e móbil e os gigas para este último, resulta a seguinte desagregación:

  • Para fibra de 1.000 Mb con móbil de 20 GB, 217 euros de desconto.
  • Para fibra de 1.000 Mb con móbil de 50 GB, 238 euros de desconto.
  • Para fibra de 1.000 Mb con móbiles de gigas ilimitados, 273 euros de rebaixa.
  • Para fibra de 1.000 Mb con móbiles de 150 GB compartidos, 301 euros menos.
  • Para fibra de 1.000 Mb con fixo e móbil de 20 GB, 245 euros de recorte.
  • Para fibra de 1.000 Mb con fixo e móbil de 50 GB, 266 euros de baixada.
  • Para fibra de 1.000 Mb con fixo e móbiles de gigas ilimitados, 301 euros de redución.
  • Para fibra de 1.000 Mb con fixo e móbiles de 150 GB compartidos, 329 euros por debaixo das tarifas normais.

O Black Friday de Adamo durará un mes

Cabe destacar que a oferta polo Black Friday de Adamo estará dispoñible para novos clientes que contraten durante o mes de novembro coa cota de liña, o alta e a instalación sen custo adicional. Esta campaña permanecerá activa en todas as canles de distribución do operador (en tendas físicas, no teléfono 1600, na web adamo.es etc.)/ etc.) ata o próximo día 30.