Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXARibadeo

Ribadeo acolleu a VII Xornada de Protección Civil da Provincia de Lugo

Por 19 Novembro, 2023Sin comentarios

Ribadeo segue sendo un referente para diversos colectivos á hora de elixir un espazo para a celebración de encontros e congresos. Onte, sábado 18, acolleu a VII Xornada de Protección Civil da Provincia de Lugo, que organiza a Federación de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Lugo.

O alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, participaron na inauguración destas xornadas que tivo lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval. O programa incluíu ponencias, prácticas no porto deportivo de Ribadeo e xantar de confraternidade no Parador de Turismo.

O rexedor declarou: “espero que Ribadeo continúe a ser un referente para este tipo de eventos e o meu máis sincero agradecemento a voluntarios e voluntarias e a todo o servizo de Protección CIvil polo seu grande traballo”.

No acto de clausura fíxose entrega de placas de ouro ao mérito de Protección Civil ás Agrupacións da Provincia de Lugo.