Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Aprobado o orzamento do Consorcio de Bombeiros por 5,8 millóns de euros

Por 28 Novembro, 2023Sin comentarios

O presidente da Deputación e do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, José Tomé Roca, presidiu este luns o Pleno desta entidade no que se aprobou un Orzamento de 5,8 millóns de euros para o ano 2024, que se incrementa así un 2,65% con respecto ao 2023. A Deputación achega o 50% do presuposto.

Estes orzamentos garanten o funcionamento dos seis parques do Consorcio –Monforte de Lemos, Chantada, Sarria, Barreiros, Vilalba e Viveiro-, que contan con 20 efectivos cada un.

Dos 5.803.624,01€ que contempla o Orzamento do 2024, un total de 4,6 millóns de euros están destinados a facer fronte aos salarios dos traballadores e traballadoras, 944.100 a gastos correntes, preto de 140.000 ao fondo de continxencia e 30.876 a investimentos.

Polo que respecta aos ingresos, proveñen das achegas da Deputación e da Xunta de Galicia a partes iguais e de Unespa (Asociación Empresarial del Seguro).