Skip to main content
Chantada

Chantada revalida as súas catro Flores de Honra na nova edición de Vilas en Flor

Por 25 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Chantada volveu revalidar as súas catro Flores de Honra xunto ao Concello de Allariz e ao Concello de Tomiño na edición 2023 de Vilas en Flor no Auditorio de Goián.

O alcalde do Concello de Chantada, Manuel L. Varela, o concelleiro de Parques e Xardíns, Diego Otero e o xefe do equipo de Parques e Xardíns, Modesto Varela asistiron ao acto de entrega dos galardóns organizados pola Fundación Juana de Vega, Agaexar Asociación Galega de Empresas de Xardinería e Asvinor.

Chantada foi un dos 38 municipios distinguidos coas Flores de Honra. Trátase duns galardóns que outorga un xurado especializado integrado por expertos de recoñecido prestixio no ámbito paisaxístico, o viveirismo, a bioloxía e a formación agraria.