Skip to main content
Axenda CaducadaFolgoso do Courel

Folgoso do Courel acolle unha xornada de arte urbana no rural o 4 de novembro

Por 2 Novembro, 2023Sin comentarios

Este sábado 4 de novembro Folgoso do Courel acolle o programa da promoción da castaña do GDR Ribeira Sacra – Courel na XXXIV Festa da Castaña. O programa, co que pretenden impulsar a zona con actividades gratuítas para todos os públicos, dará comezo ás 12.00 horas.

A xornada iniciarase cunha proposta de arte urbano no rural a través dunha exhibición de freestylye Gallos del Norte con Le33, Dury, O Pirata, Marck, Ruvixe e o Dj Affair. A continuación haberá unha exhibición graffitis da man de Concepto Circo.

Trátase dunha iniciativa organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra – Courel coa que pretenden promover a castaña. A proposta, que se estreou en Samos, organizarase en dúas localizacións máis do Courel.