Skip to main content
Folgoso do Courel

A cuarta edición do Concurso de Tapas Castaña do Courel xa ten gañadores

Por 6 Novembro, 2023Sin comentarios

A cuarta edición do tradicional Concurso de Tapas Castaña do Courel, que tivo lugar do 27 de outubro ao 3 de novembro, xa deu a coñecer os seus gañadores. O xurado elixiu como vencedor A Cova das Mouras, mentres que o público decidiu que o primeiro premio era para o Bar Pepe.

Deste xeito, o segundo premio do xurado foi para o Bar Pepe, mentres que a terceira posición a ocupa o Bar Anduriña. En canto á decisión dos asistentes, o Bar Anduriña ocupou o segundo posto e o Bar O Mirador, o terceiro.

Este ano eran sete os locais de hostalaría os que presentaron a todos os que quixeron achegarse as súas mellores propostas co produto estrela da tempada. Ademais dos gañadores, tamén participaron Casa Ferreiro, o bar Rafael e o bar Pombo.

Os premios para esta convocatoria son unha comida para dous no restaurante Regueiro da Cova, unha noite con almorzo na Cabaniña, un descenso do barranco de Eiriz para catro persoas, unha noite para dous en A Carbiña ou unha noite tamén para dous con cea e almorzo en Casas do Comerciante.