Skip to main content
Axenda CaducadaFolgoso do Courel

A Festa da Pisa da Castaña achega a gastronomía e a tradición a Froxán o 8 de decembro

Por 10 Novembro, 2023Novembro 11th, 2023Sin comentarios

Os veciños do Courel poderán gozar dunha edición máis da Festa da Pisa da Castaña en Froxán. A cita, organizada pola asociación cultural Fonte do Milagre coa colaboración do Concello de Folgoso do Courel, celebrase o vindeiro venres 8 de decembro cun programa cheo de propostas musicais, literarias e gastronómicas para todos os públicos.

A xornada comeza ás 11.30 horas co acendido do Sequeiro, a continuación, a partir das 12.00 horas, levarase a cabo unha mostra do proceso de secado. A demostración do pisado e do abandoxado da castaña seca será ás 12.30.

O pregón, que comezará ás 13.30 horas, estará a cargo da cantante Rosa Cedrón. Os máis cativos tamén teñen un oco no programa, pois ás 14.00 horas terá lugar a presentación do libro Animais fantásticos de aldea.

A degustación do menú do Pisador, que xa se pode reservar a través da web e que terá polbo e churrasco, comezará ás 14.30 horas. Ás 16.00 horas terá lugar o remate do pisado no que poderán participar os asistentes.