Skip to main content
Folgoso do Courel

Unha imaxe do Courel galardoada pola Asociación de Fotógrafos Profesionais de España

Por 27 Novembro, 2023Sin comentarios

A nova edición dos Premios Lux de Fotografía Profesional vén de recoñecer o traballo do fotógrafo Marcos Rodríguez pola súa imaxe do Concello do Courel.

A fotografía, titulada Entre nieblas y tinieblas, recibiu o bronce na categoría de Paisaxe e Natureza. Trátase dunha entrega de premios organizados pola Asociación de Fotógrafos Profesionais de España, creada no 1984 para a defensa dos intereses colectivos dos fotógrafos profesionais.

Os galardóns celébranse desde a súa creación no 1993. Actualmente, os Premios LUX consolidáronse como o referente da fotografía profesional en España recoñecendo as mellores obras fotográficas.