Skip to main content
Folgoso do Courel

Seoane do Courel acolle o acto de conmemoración dos 50 anos do Grupo Ornitolóxico Galego

Por 30 Novembro, 2023Decembro 1st, 2023Sin comentarios

A Sociedade Galega de Historia Natural e a Sociedade Galega de Ornitoloxía organizan un acto para conmemorar os 50 anos de vida do Grupo Ornitolóxico Galego no Courel.

Así, este sábado, 2 de decembro, a estación Científica do Courel, en Seoane do Courel, será o lugar onde se desenvolverá a iniciativa, que está apoiada pola USC e pola Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel.

A xornada comezará ás 10.30 horas coa presentación por parte de autoridades e organizadores, que darán paso á primeira charla, na que se explicará como xurdiu este grupo no Courel.

Pola súa parte, Ignacio Munilla Rumbao será o encargado de guiar o relatorio ‘Cambios na paisaxe e na fauna Caurelá dende os anos 70’ ás 12.30 horas. Despois, terá lugar a comida no acampamento O Courel.

Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas terá lugar un pasacalles e descubrimento dunha placa homenaxe a Manuel Rodríguez López e familia, mentres que ás 17.00 horas os participantes visitarán Ferrería Nova e xa ás 18.00 horas volverán a Seoane para despedirse.

Desde a Asociación de Desenvolvemento do Courel din que o acto do sábado servirá para “renderlles homenaxe a todos aqueles pioneiros deste grupo, que quixeron descubrir a fondo a nosa serra”.