Skip to main content
Monforte

Piden aos veciños de Monforte que non depositen o lixo durante a xornada deste venres

O Concello de Monforte informa sobre o servizo de recollida e transporte de residuos urbanos en relación á celebración da festividade de San Martín de Porres, que é o patrón dos traballadores da empresa FCC Medio Ambiente S.A., encargada deste servizo na cidade.

Dita festividade de San Martín de Porres establece como día festivo para estes traballadores e traballadoras mañá venres 3 de novembro, polo que unicamente se prestarán os servizos de recollida e transporte de residuos urbanos, limpeza viaria e outros servizos complementarios correspondentes a un día festivo.

Por este motivo, desde o Concello de Monforte piden aos usuarios e veciños da cidade que se absteñan de depositar o lixo durante o día 3 de novembro para poder facer eses labores.