Skip to main content
Monforte

Gabriela Esther Corral, do IES A Pinguela, foi premiada polo Ministerio de Defensa

Por 5 Novembro, 2023Novembro 6th, 2023Sin comentarios

Gabriela Esther Corral Castro, alumna de 2º de Bacharelato na rama de Ciencias do IES A Pinguela, foi unha das alumnas que recibiron un premio do Ministerio de Defensa pola súa participación no X edición do certame “Carta a un Militar Español”.

O primeiro premio foi para Alejandra Gómez, alumna do CPR Nuestra Señora del Pilar de Foz e os outros dous, un para a alumna do IES A Pinguela tamén, Gabi e o outro para Lúa Río, alumna do CPR Nuestra Señora de la Asunción de Sarria.

As tres recibiron un diploma, un libro electrónico e un reloj intelixente por parte da subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e da deputada do Goberno provincial, Pilar García, que protagonizaron os actos do Día da Subdelegación de Defensa celebrados no Vello Cárcere de Lugo.