Skip to main content
Monforte

Ponse en marcha en Monforte un programa para instalar internet por satélite en zonas rurais

Por 8 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Monforte informa que o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital acaba de poñer en marcha un programa destinado a instalar o servizo de internet por satélite en zonas rurais. Esta iniciativa ofrece a posibilidade de contratar, por parte do cidadán, unha conexión de polo menos 100Mbps de descarga a un prezo de 35€ ó mes sen gastos adicionais, e cunha axuda de ata 600€ para sufragar o custe da instalación.

O Programa UNICO Demanda Rural UNICO RURAL-2), desenvolto pola empresa adxudicataria Hispasat, ofrece axudas para a prestación ó usuario final dun servizo de conexión de banda ancha a internet, facendo posible o acceso por medio de cobertura de satélite a servicios de banda ancha.

O servizo incluirá tanto a instalación coma os equipamentos necesarios de forma gratuíta hasta 600€. O alcalde, José Tomé Roca, destaca que “este programa suporá unha mellora importante de conectividade das zonas rurais que non dispoñan de cobertura de conexión con tecnoloxía terrestre fixa, ó facilitar unha conectividade mediante unha solución tecnolóxica de última xeración”.

Neste caso, os cidadáns interesados na contratación deste servizo deben facelo directamente a través da páxina web, na que atoparán toda a información deste servizo, así como as condicións para acollerse a el e a que operadores poden dirixirse para instalalo.

Dirixido a zonas rurais

O programa vai dirixido a zonas que non dispoñen de cobertura de conexión con tecnoloxía terrestre fixa a una velocidade mínima de transmisión de 50 Mbps en sentido descendente. No caso de Monforte só está pensado para zonas rurais que cumpran con estas características. A cobertura prevista é do 100% da poboación naquelas zonas onde non hai acceso a redes fixas de polo menos 50 Mpbs.

O desenvolvemento deste programa é un fito en conectividade a nivel nacional, que coloca a España á vangarda en conectividade e que apunta a dar a solución da brecha noutros países internacionais. Calcúlase dende o Ministerio que esta actuación permitirá facer chegar conectividade ultrarrápida a 1,3 millóns de fogares e empresas.

A actuación enmárcase na inversión C15.I1 Extensión da banda ancha ultrarrápida da Componente 15 do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia da economía española e está financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, con fondos do Mecanismo de Recuperación y Resiliencia establecido polo Regramento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello de 12 de febreiro de 2021.