Skip to main content
Monforte

A Deputación de Lugo apoiou o programa Estratexias de Museoloxía Social 2023 no Museo Pazo de Tor

Por 14 Novembro, 2023Sin comentarios

O Museo Pazo de Tor acolleu unha xornada dirixida a deseñar e implementar estratexias que permitan avaliar o impacto dos procesos de museoloxía social, o módulo formativo “Evaluar para ser sostibles. Diseño e implementación de un plan de evaluación en Museología Social”.

O modulo formativo, coordinado por Eloísa Pérez Santos, profesora da avaliación psicolóxicas da Universidade Complutense de Madrid e investigadora de públicos de museos, afonda en cuestións como a humanización dos datos ou a importancia de obxectivos e indicadores ben definidos para analizar os resultados dos programas e proxectos desenvolvidos desde os museos.

A deputada Iria Castro achegouse ata ao museo monfortino para seguir o desenvolvemento da xornada na que participan unha vintena de profesionais e que dá continuidade ao programa formativo Estratexias de Museoloxía Social 2023, que a Rede Museística Provincial desenvolve desde o pasado mes de xuño, con encontros e xornadas presenciais e en liña abertas a profesionais do sector cultural, educativo e creativo do ámbito iberoamericano.