Skip to main content
Monforte

Unha colección de 62 libros en braille incorpórase á biblioteca do Pazo de Tor

Por 16 Novembro, 2023Sin comentarios

O Pazo de Tor acaba de recibir unha colección de 62 libros en alfabeto braille. Trátase dunha doazón da man da biblioteca María Teresa de Castro Luaces. A deputada de Cultura, Iria Castro, agradeceu a cesión e sinalou a importancia de “contar con estas publicacións polo seu valor social”.

Os exemplares serán catalogados e, posteriormente, incorporados ao catálogo de consulta da biblioteca do museo. Castro sinalou a relevancia destas incorporacións a un arquivo público que permitirán “a consulta cidadá e dar así acceso a quen o precise”.

Entre os títulos que se suman á colección provincial encóntranse Cantares galegos, de Rosalía de Castro; O Principiño, de Antoine de Saint-Exupéry, ou Rimas e Lendas, de Gustavo Adolfo Béquer, entre outros. Ademais de poesía e narrativa tamén se suman exemplares para a ensinanza e a aprendizaxe a través do alfabeto braille.