Skip to main content
Monforte

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno unha iniciativa para que o Concello cumpra as obrigas da Lei de Benestar Animal

Por 22 Novembro, 2023Sin comentarios

Os concelleiros do Partido Popular de Monforte de Lemos defenderán no pleno deste mes unha iniciativa para que o Concello comece a “dar cumprimento ás obrigas recollidas na Lei de benestar animal, ademais de consignar a financiación necesaria nos orzamentos do ano vindeiro ano”.

Así, Katy Varela, voceira popular, lembra que o 29 de setembro de 2023 entrou en vigor esta lexislación, e nela hai “numerosas obrigas ás que moitos municipios non poden facer fronte, polo que, para garantir que o Concello de Monforte poida asumir estas novas competencias, debe instar ao Goberno central a que anualmente consigne nos Orzamentos Xerais do Estado as cantidades necesarias e suficientes que permitan garantir a prestación dos devanditos servizos por parte das entidades locais”.

Katy Varela tamén ve necesaria a colaboración da Deputación Provincial, polo que tamén defenderá que o concello monfortino inste ao equipo de goberno provincial para que a Deputación de Lugo realice todas aquelas actuacións que sexan precisas para colaborar co Concello de Monforte de Lemos, ben sexa a través da sinatura de convenios, a construción das instalacións adecuadas ou calquera outro mecanismo que se considere oportuno para garantir a prestación dos servizos de competencia municipal.