Skip to main content
Monforte

O IES A Pinguela acolleu unha charla sobre o fomento da presenza feminina en sectores masculinizados

Por 23 Novembro, 2023Sin comentarios

O IES A Pinguela de Monforte acolleu unha charla no marco da campaña Ti elixes para o fomento da presenza feminina en sectores masculinizados por parte da directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, ámbalas dúas da Xunta.

Na súa intervención, Mancha fixo fincapé na importancia de elixir unha profesión polas habilidades que se teñan, as capacidades ou as mesmas motivacións, rachando cos estereotipos sobre que non poiden haber mulleres en sectores tradicionalmente ocupados por homes. “O que queremos promover é que as profesións non son só de homes ou de mulleres”, apuntou.

Ti Elixes é unha campaña audiovisual que está a desenvolver a Xunta por 75 centros educativos galegos para traballar no eido escolar no cambio de estereotipos de xénero que afectan a determinadas profesións, como é o sector das TIC, con menos presenza feminina.

A iniciativa estase a realizar en colexios de ensinanza secundaria que estean polo xeral situados próximos a institutos de formación profesional nos que se ofreza cualificación de familias de sectores tradicionalmente masculinizados.

Na campaña participa persoal formador especializado en igualdade laboral e mulleres referentes que prestan servizos en sectores masculinizados, e que principalmente estudaron ciclos de FP de construción, metal, vinculados con actividades do mar, de primeira transformación da madeira, das Tics e granito.

Pola súa banda, a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, referiuse á Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025, a través da cal se fomenta a coeducación como estilo educativo nas aulas.

Nesta actividade perséguese, por unha banda, a análise dos estereotipos de xénero, e por outra banda, a difusión de boas prácticas educativas que fomenten a igualdade e reduzan estes esteretipos. “Trátanse de accións encadradas na orientación vocacional que se leva a cabo na etapa de Secundaria con perspectiva de xénero e que contribúe á desaparición desta fenda no ámbito laboral”, asegurou.